coincidir co último día da colleita e o comezo do inverno.
Celebrábase a finais do actual mes de outubro e comezos do mes de
novembro e daban así a benvida ó ano novo. Abríanse as portas
entre este mundo e o alén, dándolle á xente a posibilidade de
reunirse cos seus devanceiros mortos."
Máis Info: http://www.edu.xunta.es/centros/iessantomefreixeiro/system/files/Carteis+Sama%C3%ADn.pdf
A PORTA ENTRE OS DOUS MUNDOS
O SAMAÍN
Este é o título da exposición que desde o xoves 27 de outubro ata o venres 4 de novembro podemos contemplar no vestíbulo do noso IES. Coinciden (non por casualidade) nestas datas celebracións culturais procedentes de diferentes lugares e tempos, no noso caso: o Samaín (de tradición celta) e os "altares de muertos" (México), celebracións ás que se suman interesantísimas referencias funerarias da Antigüidade clásica. Estamos diante dun traballo no que colaboraron activamente alumnos de 1º de bacharelato coordinados pola vicedirección (altar de muertos dicado a Víctor Jara); alumnos de 1º de ESO (o Samaín), coordinados polo EDLG. Os alumnos e alumnas de primeiro ciclo de ESO realizaron algúns obxectos funerarios baixo a supervisión do profesor Lillo Redonet.
As exposicións veñen acompañadas de máis de 50 carteis informativos que nos achegan no caso do Samaín á festividade celta que celebra o paso da época das colleitas (a vida) ó inverno (a morte). O Samaín (palabra de orixe geélica) permanece viva en Galicia e celébrase na noite do 31 de outubro ó 1 de novembro, cando as almas dos defuntos veñen do máis alá para reunirse cos vivos.
Tamén se recolle na actividade unha breve alusión visual á morte na literatura e na tradición. Como mostra da temática da morte na literatura reprodúcese íntegra a obra de Castelao Un ollo de vidro. Historias d'un esquelete.
Ningún comentario:
Publicar un comentario