Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.
Lorca realizou varias visitas a Galiza coa súa compañia de teatro "La Barraca".Durante estas viaxes coñeceu a nosa literatura, dende Martin Codax a Rosalia, coñeceu a nosa terra, a nosa cultura, a nosa lingua e coñeceu aos nosos máis celebres escritores,como Eduardo Blanco Amor do que se di que poido chegar a namorarse.
Despois de todo isto Lorca deixanos "Seis poemas gallegos" editado en 1935 pola editorial Nós, dirixida polo, enton alcalde de Santiago Anxel Casal.
Ambos foron fusilados durante a Guerra Civil.
Mimadriña, e o poema mais fermoso que escoitara nunca
ResponderEliminar