Hoxe presentámosvos unha nova columna, "Por que falas galego?". Aquí iremos recollendo testemuños de persoas que un día decidiron falar galego por diversos motivos.
Hoxe quero contarvos o meu motivo para falar galego:
Cando eu era pequena nunca falaba galego, é máis, non me gustaba nada, e estaba convencida de que había outras linguas MELLORES E MÁIS IMORTANTES.
Cando tiña 12 anos marchei a vivir fóra de Galiza, e dinme conta de que o galego era moito máis que unha lingua, era unha forma de vivir e boteino tanto de menos que cando voltei a casa decidín que tiña que falar galego, e que tiña que ensinarlle a todo o mundo o que eu aprendera sobre as linguas: ningunha é peor que as demais, e sobre todo non hai linguas "máis importantes", cada unha das aproximadamente 5000 linguas que hai no mundo é importante e imprescindible, xa que cada unha delas describe a forma de vida e incluso a personalidade dun pobo.
Así que xa sabedes rapaces e rapazas falade galego porque é voso e forma parte non so da vosa cultura, senón tamén de vos e é algo que sempre vos a acompañará e que estedes onde estedes sempre vos recordará quenes sodes e de onde vindes.
Grazas os meus profes de galego,
que me ensinaron
que me ensinaron
non so gramática e literatura se non tamén
Galego.
Para colaborar con esta sección escribide a: ogalomillarego@gmail.com
ResponderEliminarGrazas.