"Mulleres valentes que ensinan os dentes..."
domingo, 30 de decembro de 2012
domingo, 23 de decembro de 2012
mércores, 19 de decembro de 2012
xoves, 29 de novembro de 2012
venres, 23 de novembro de 2012
martes, 13 de novembro de 2012
mércores, 24 de outubro de 2012
sábado, 20 de outubro de 2012
O GALEGO UNE.
que temos que ir loitar
para que a nosa lingua
non se deixe de falar.
Movámonos, movámonos
pois o momento é.
Para que a nosa lingua
siga viva, sempre en pé!
Foi a lingua
que usou a nosa xente
ao longo da historia
antiga e máis recente.
Mais agora,
e nestes tempo novos
hai quen quere matala...
A lingua deste pobo!
Defendela
é para nós un reto.
Pretenden machacala
a golpe de decreto.
Malos tempos
son para a nosa lingua
pois queren liquidala
se a nosa loita mingua.
Son malos tempos
para o idioma
e non debemos
tomarnos isto a broma.
Hai que estar cego
para non velo.
Non hai desculpa!
Temos que defendelo!
Ergámonos, ergámonos...
Disimulan
Cambiando “si” por “yes”.
Pretenden que agora
Falemos inglés.
E por riba
colócannos un gol
dicindo que en perigo
está o español.
Non te enganen
faltándoche ao respecto
se che din que o galego
é lingua de paletos.
Dálles brasa
dicíndolle a esa xente
que o idioma galego
é para intelixentes.
Son malos tempos...
Ergámonos, ergámonos...
Berra alto,
dilles con claridade
que o idioma galego
é a nosa identidade.
Non te cortes,
o idioma é noso
e de que siga vivo
estamos orgullosos.
E presumen
de que son xente “noble”
para dicir carballo
oiraslles dicir “roble”.
Lume neles!
e veloz coma un raio
Ti podes contestarlles
mandándoos ao “Carballo”.
Son malos tempos...
martes, 16 de outubro de 2012
Volve o NUNCA MAIS!
10 anos despois da catastrofe do Prestige o xuízo comezou hoxe na Coruña.
Nova completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/comeza-o-xuizo-do-prestige-dez-anos-despois-da-catastrofe/20121016104422006406.html
Aquí deixámosvos algunhas cancións e algúns libros que teñen que ver co tema:
- Rosa Aneiros: "Veu a visitarme o mar"
- Xurxo Lobato: "No pais do Nunca Máis"
- A.Fernandez Paz: "A praia da esperanza"
Coma sempre admitimos suxestións ;)
domingo, 7 de outubro de 2012
martes, 25 de setembro de 2012
luns, 17 de setembro de 2012
Benvid@ss a este novo curso 2012-2013!
Como podedes ver o Galo Millarengo volve descansado despois das vacacións de verán!
Agora toca poñerse en forma para superar un novo curso, o primeiro de instituto para algúns e o último para outros...
Aínda non sabemos moi ben o que nos depará este ano, pero prometémosvos moitas sorpresas!
Tamén convidámosvos a seguir participando con nós en todo o que queirades, coma sempre abertos a novas propostas!
Polo de agora deixámosvos dous temas de DKTC e Ruxe-Ruxe, para que escoitedes nos momentos máis duros do curso e recordedes que:
SEMPRE ADIANTE!
venres, 29 de xuño de 2012
Durante estes meses pasaron moitas cousas:
- En primeiro lugar renaceu O Galo Millarengo, máis forte e modernizado.
- Celebramos o Samaín
- Escribimos cartas de amor, poesias, relatos e artigos para unha nova revista.
- Reivindicamos o noso dereito de falar a nosa lingua.
- E por último, participamos nun festival.
Gustariame facer unha mencion especial a este último punto:
Nen@s de Celso Emilio, SODES OS MELLORES!
mércores, 27 de xuño de 2012
martes, 26 de xuño de 2012
De quen é a lingua galega?
Por Manuel Rivas
El País - 31.05.2012
O galego non é patrimonio de ninguén. Esta é unha das frases estrela, das que alumea en neon, no discurso político dos que hoxe gobernan na maioría de institucións galegas.
Eu gusto tanto como o señor presidente desa declaración anarquista, non posesiva, verbo da lingua. No fondo, somos dous libertarios, o presidente e mais eu.
A lingua galega non pertence a ninguén, señores! Un patrimonio sen cancelas, sen dono. Vai vadía polos camiños da terra, do mare, do mundo. O idioma galego é como o campo da festa, como as praias, como a auga dos ríos, como o autobús do Inserso, como o canto da cotovía. Como o vento que abanea o herbal. Como a luz do faro.
Como o día e a noite.
—De quen é a lingua galega?
—De ninguén! —responde moi aleuto o voceiro de garda.
E engade moi rufo: “Ninguén, ninguén!, pode apropiarse do galego”.
Eu gusto, si. Mais logo teño un custodio contraditorio, anxo ou demouchiño, non sei, que me importuna na orella: “Pois se non é patrimonio de ninguén, o perigo é que ninguén se ocupe del. Olla as beirarrúas cheas de lixo, as praias con construcións ilegais, as caixas de aforros espoliadas... ¿E non será iso porque algúns pensen que a non ser propiedade privada pois non merece ningún respecto?”.
—Home, non pretenderá privatizar a lingua!
Pois hai algúns ultraliberais, como Murray Rothbard, profesor da universidade de Las Vegas, que mesmo defenden a privatización do aire que respiramos. A súa lóxica semella esmagadora. Para exercer un dereito hai que ter a propiedade correspondente. Por exemplo, para exercer o dereito á libre expresión pública debes ser propietario, ou pagar o aluguer, dunha sala onde falar. Pois así, se deixaramos a Murray Rothbard, discípulo de Hayek, a política de normalización do galego, o que faría é vendelo, adxudicalo nunha poxa. E se cadra esta lingua vale moito máis do que algúns pensan. Nesta abellariza enxamearon as palabras que andan en bocas portuguesas, brasileiras, angolanas, timorenses... O Goberno debería falar co seu deputado Pedro Arias e que faga un Informe de rendibilidade neogaleguista.
Imaxinen a noticia: “Vendido o galego nunha poxa na Christie’s de Londres. O idioma foi adxudicado a unha empresa chinesa. Só cos palabras que compoñen Negra Sombra agardan recadar o actual 2% do actual PIB de Galicia”.
Non, o galego non está en poxa, mais semella ás veces, moitas, que segue a ser tratado como unha mercadoría de segunda man. Dende logo, polas administracións. Un exemplo. É imposíbel encontrar en Facenda en galego moitos dos impresos fiscais, malia existir a demanda. Nin sequera podes gozar dese masoquismo de declarar trabucos en galego! Vense de coñecer outro dato: o que recibe da Xunta cada ano a fundación Cela é 44 veces superior a todo o apoio para o labor, inxente, da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Mais tamén hai xente que privatiza a lingua non como unha propiedade senón como un problema. Esa xente que profesa nos foros ou que se pon a predicar na radio ou no medio do bar cunha pregunta por bandeira: “Pero, para que serve o galego?”. Hai mesmo un personaxe ben curioso, que adoita ser dos primeiros en espetar esta pregunta, e é o tipo que só fala galego e un pésimo castelán: “Pero, para que carallo serve o galego?”. Que unha pregunta así a faga unha persoa que leva boa parte da vida valéndose desa lingua éche un misterio do Pentecoste. Home, ao mellor é un infeliz e bótalle a culpa á lingua. Mais as linguas son xenerosas. Queren a calquera boca. O único que ten que facer a boca é chamar por unha palabra, por unha frase, por unha taco, por unha canción, e aló van, contentes á boca, como dicía o Don Quixote: “Este libro é feliz pois vai buscarvos”.
Así que na vez de teimar no retrouso de que o galego “non é patrimonio de ninguén”, mellor sería dicir que é patrimonio da xente toda. De quen o emprega e de quen non. De quen o respecta, aínda que non o fale, e de que non respecta, aínda que o fale. A xente pode ter prexuízos. A lingua, non. Está aí, por se alguén a quere, e brinca aos labios nun santiamén, sen preguntar de que idea ou partido é a boca que se abre.
Mais cómpre lembrar que se o idioma está aí é porque hai bocas que terman del. Os patrimonios, públicos ou privados, esmorecen e extínguense se non hai quen teña conta deles. E o galego non só é un patrimonio da xente galega. A súa custodia é unha obriga que se ten coa humanidade.
O 17 de maio, en convocatoria de Queremos Galego, en Santiago, saíron á rúa miles de persoas. Encheron a Quintana. Dáse a cifra de vinte e cinco mil. En todo caso, moita xente. Neste tempo, e en día festivo soleado, aínda que sexa festa das Letras, xuntar tantas almas e moito xuntar. É a expresión dun desacougo fondo. Nin un só partido, nin unha asociación nin sindicato é quen hoxe dunha mobilización así se non hai sentimento forte detrás.
Un sentimento de perda. Porque non só perturban as perdas económicas, o déficit nas contas, os buracos nas finanzas. Se non somos quen de querer a lingua que aquí naceu, como imos soster o que as palabras nomean?
O Goberno só se preocupou de sinalar co dedo a afiliación dos denunciantes e ignorar unha vez máis a denuncia. Disque había nacionalistas, ecoloxistas, vexetarianos e mesmo algún otorrinolaringólogo.
—E que a lingua non é patrimonio de ninguén!
Non. De señor ninguén é só o silencio.
mércores, 20 de xuño de 2012
luns, 11 de xuño de 2012
mércores, 16 de maio de 2012
O Concello de Santiago tenta evitar que haxa manifestación polo Día das Letras!
Nunha resolución sorprendente,
comunicada 48 horas antes da
manifestación, o Concello nega os
permisos para colocar palco e
megafonía.
Carlos Callón(presidente da Mesa):
“Se nos denegan o palco e a megafonía, usaremos as
gorxas para exclamar moi alto polos nosos dereitos”.
Mañá máis ca nunca: QUEREMOS GALEGO!
http://queremosgalego.org/
martes, 15 de maio de 2012
17 de maio, porque?
Que é o dia das letras galegas?
É unha celebración creada pola RAG en 1963 e que ten coma obxectivo rendir
unha homenaxe a persoeiros destacados na creación literaria en galego ou
importantes na conservación da nosa lingua e cultura.
Cando e porque se celebra?
O día escollido foi o 17 de maio, debido a que a dedicatoria de Cantares
Gallegos esta datada neste día no ano 1863.
Cando comezou?
O primeiro día das letras celebrouse o 17 de maio de 1963, coincidindo co
primeiro centenario de Cantares Gallegos.
Quen recibiu a primeira homenaxe?
A primeira de todas foi unha muller: ROSALIA DE CASTRO
Outros homenaxeados:
Castelao, Pondal, Curros Enriquez, Lois Pereiro, Cabanillas, Maria Mariño,
Novoneyra... e así ata os 49 que levamos hoxe!
E este ano?
Este ano adícaselle o día das letras a Valentín Paz Andrade, escritor,
político, economista e galeguista.
Durante esta semana convidámosvos a enviar (ou deixar un comentario) con
textos, poemas e demais, non solo de Paz Andrade, senón de todos os anteriores,
coma sempre, AGARDÁMOSVOS!
venres, 11 de maio de 2012
Novo dicionario da RAG!
Non dubidedes en consultalo cando precisedes!
domingo, 6 de maio de 2012
Día da nai.
Hoxe, dedicamos a nosa entrada a todas esas mulleres que transportan aloumiños nas mans, que dan todo o seu amor e que loitan con forza polos fillos dende o comezo dos tempos: as nais. Para todas elas, este fermoso poema de Xohana Torres.
Nai
Tiña unha fita roxa no cabelo.
Lembro todas as flores dos meus vasos de nena.
Tiña bicos á tarde, qué tesouro,
e bulía en buratos pra dentro dos teus ollos.
A tarde tiña ás de paxaro, quentiño, quentiño,
as túas mans, riscadas do traballo,
calaban moitas veces pra carrexarme miúdo...
Eran días sen medo aos corvos sobre a testa
porque todo era estrela.
Logo, qué logo, houbo voar de follas, nomes, xentes.
Abrín portas, pecheinas; non se acouga con tanta multitude;
corrín a ser muller. E na tola carreira, perdín a fita roxa
que me chamaba nena. Debeu levala o vento
co froito dos anos, meus anos...
¿Pra que terían ás de paxaro os dedos
qie niñaban limpezas no cabelo?
Nai, onte laveiche os ollos. E na palma mollada
repousaron aquelas tardes, a fita dunha vida mellor.
Ollos da miña nai. Cobizos de lareira sempre ao fogo.
¡ Seica os ventos vos perden ou vos choran!
Sen eles, miña historia non ten ollos.
XOHANA TORRES (1931), Do sulco.
sábado, 5 de maio de 2012
Letras Galegas 2012
Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e falecido en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario,escritor, poeta e xornalista galeguista.
xoves, 26 de abril de 2012
Galos e Galiñas, desculpade polo descoidado que teño o galiñeiro, pero xa sabedes en época de exames...
Bueno... a actualización de hoxe adicamoslla as vosas mans, ás de Nerea, Alba, Celina, Andrea, Lucia, Abraham, Sergio, Laura, Marina... ás de todos os que estivéchedes alí e ás de todos que non puidéchedes estar pero sempre estades aí...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiav8_7C-PIGMbSsR97l4VWER9V7AJTaldrpCWB69CdQLRA55SlhxjfD_qZjtKeIMDosICItyULk0BBcjynWxRc98ToueBWmj09snfcH63GTDexo_bmfbMXpTR3Pn8Vg-m55UCRApy7fXQ/s320/Botalle+unha+man+ao+galego.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiav8_7C-PIGMbSsR97l4VWER9V7AJTaldrpCWB69CdQLRA55SlhxjfD_qZjtKeIMDosICItyULk0BBcjynWxRc98ToueBWmj09snfcH63GTDexo_bmfbMXpTR3Pn8Vg-m55UCRApy7fXQ/s320/Botalle+unha+man+ao+galego.jpg)
BOTÁNDOLLE UNHA MAN AO GALEGO!
Moitas gracias pola vosa colaboración, con xente coma vos o galego ten moito que contar.
mércores, 18 de abril de 2012
mércores, 11 de abril de 2012
NOVO FIME EN GALEGO.
Mañá as 17.45 no cine Gran Via primeira sesión do filme Vilamor, unha película galega e rodada en Galego.
TODA A INFORMACIÓN: http://vilamor.eu/gl/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)