venres, 29 de xuño de 2012

Rapaces, rapazas, novamente rematou o curso.

Durante estes meses pasaron moitas cousas:
  • En primeiro lugar renaceu O Galo Millarengo, máis forte e modernizado.
  • Celebramos o Samaín
  • Escribimos cartas de amor, poesias, relatos e artigos para unha nova revista.
  • Reivindicamos o noso dereito de falar a nosa lingua.
  • E por último, participamos nun festival.


Gustariame facer unha mencion especial a este último punto: 

Nen@s de Celso Emilio, SODES OS MELLORES!

Dende o máis pequeno ata o máis vello, pasando por Miguel e Diego, sodes estupendos: traballadores, comprometidos, simpáticos e divertidos!
 Esperamos poder seguir contando con vos o próximo curso. Moitos parabens.


Ningún comentario:

Publicar un comentario