martes, 15 de maio de 2012

17 de maio, porque?


Que é o dia das letras galegas?
É unha celebración creada pola RAG en 1963 e que ten coma obxectivo rendir unha homenaxe a persoeiros destacados na creación literaria en galego ou importantes na conservación da nosa lingua e cultura.
 
Cando e porque se celebra?
O día escollido foi o 17 de maio, debido a que a dedicatoria de Cantares Gallegos esta datada neste día no ano 1863.

Cando comezou?
O primeiro día das letras celebrouse o 17 de maio de 1963, coincidindo co primeiro centenario de Cantares Gallegos.

Quen recibiu a primeira homenaxe?
A primeira de todas foi unha muller: ROSALIA DE CASTRO

Outros homenaxeados:
Castelao, Pondal, Curros Enriquez, Lois Pereiro, Cabanillas, Maria Mariño, Novoneyra... e así ata os 49 que levamos hoxe!

E este ano?
Este ano adícaselle o día das letras a Valentín Paz Andrade, escritor, político, economista e galeguista.

Durante esta semana convidámosvos a enviar (ou deixar un comentario) con textos, poemas e demais, non solo de Paz Andrade, senón de todos os anteriores, coma sempre, AGARDÁMOSVOS!



1 comentario:

  1. NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
    que dende a Torre de Hércules ao Miño
    un facho acenderá por cada illa,
    cando ti volvas polo mare;
    de toxo unha fogueira en cada monte;
    cando ti volvas polo mare;
    dos castros na coroa unha cachela,
    cando ti volvas polo mare;
    unha loura candea en cada pino,
    cando ti volvas polo mare;
    o seu cirio de frouma os alciprestes,
    cando ti volvas polo mare;
    luces de ardora branca en cada mastro,
    cando ti volvas polo mare;
    un farol mariñeiro en cada dorna,
    cando ti volvas polo mare;
    veliñas á xanela en cada casa,
    cando ti volvas polo mare;
    e as pérolas das bágoas derramadas,
    cando ti chegues polo mare;
    cando ti chegues polo mare...

    ResponderEliminar