Porque naciches con nós, porque nos deitas á noitiña e nos ergues pola mañá. Porque choramos contigo, e rimos contigo, e vivimos contigo. Contigo sempre somos nós e ninguén máis ca nós é ti, e só unha das túas palabras basta para sabermos o especial que és.
Nosa lingua, que nos arrolou no berce, que nos guía polo camiño da vida cara ao futuro, sempre sabendo quenes fomos no pasado. Tenra cando amamos, forte cando loitamos, linda sempre, nosa sempre.
Lingua arrolada polo colo das avoas e das mamais, lingua que nos acompaña alá onde vaiamos, aínda que esteamos lonxe, moi lonxe. Non sabemos por onde han ir os nosos camiños, mais sabemos que ti has estar sempre alí, porque ti vas con nós e nós contigo. As palabras quizais as leve o vento, pero non as que se gardan fechadiñas con agarimo no corazón. Nunca imos estar lonxe túa, e necesitabamos que o soubeses: Querémoste, nosa lingua, cun amor que nunca poderemos expresar cun " te queremos".
Fago este comentario en xeral deste blog, como veredes,non escribo moi ben en galego ...Bueno, está moi ben o blog que fixeches do galo millarengo,da revista do Instituto, eu encontreino agora mesmiño e gustoume moito,eu tamén axudo na revista =) moi ben =)
ResponderEliminar