domingo, 23 de outubro de 2011

ACROSTICOS.

Segundo o diccionario Xerais da Lingua, un acrostico é: unha composición poética na que as letras iniciais, medias ou finais dos versos formas un vocablo ou frase.



Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra

algo de min que me sobrevivise


sabendo que deberia ter sabido

impedirme a min mesmo

descubrir que só fun un interludio

atroz entre dous muros de silencio


só puiden evitar vivindo á sombra

inocularlle para sempre a quen amaba

doses letais do amor que envelenaba

a súa alma cunha dor eterna


sustituíndo o desexo polo exilio

iniciei a viaxe sen retorno

deixándome levar sen resistencia ó fondo dunha interna

aniquilación chea de nostalxia.

LOIS PEREIRO (MONFORTE 1958- A CORUÑA 1996) LETRAS GALEGAS 2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario