mércores, 16 de maio de 2012

O Concello de Santiago tenta evitar que haxa manifestación polo Día das Letras!

 Nunha resolución sorprendente, 

comunicada 48 horas antes da

 manifestación, o Concello nega os

 permisos para colocar palco e

 megafonía.

 Carlos Callón(presidente da Mesa): 

“Se nos denegan o palco e a megafonía, usaremos as 

gorxas para exclamar moi alto polos nosos dereitos”.

 

Mañá máis ca nunca: QUEREMOS GALEGO! 

 http://queremosgalego.org/

martes, 15 de maio de 2012

17 de maio, porque?


Que é o dia das letras galegas?
É unha celebración creada pola RAG en 1963 e que ten coma obxectivo rendir unha homenaxe a persoeiros destacados na creación literaria en galego ou importantes na conservación da nosa lingua e cultura.
 
Cando e porque se celebra?
O día escollido foi o 17 de maio, debido a que a dedicatoria de Cantares Gallegos esta datada neste día no ano 1863.

Cando comezou?
O primeiro día das letras celebrouse o 17 de maio de 1963, coincidindo co primeiro centenario de Cantares Gallegos.

Quen recibiu a primeira homenaxe?
A primeira de todas foi unha muller: ROSALIA DE CASTRO

Outros homenaxeados:
Castelao, Pondal, Curros Enriquez, Lois Pereiro, Cabanillas, Maria Mariño, Novoneyra... e así ata os 49 que levamos hoxe!

E este ano?
Este ano adícaselle o día das letras a Valentín Paz Andrade, escritor, político, economista e galeguista.

Durante esta semana convidámosvos a enviar (ou deixar un comentario) con textos, poemas e demais, non solo de Paz Andrade, senón de todos os anteriores, coma sempre, AGARDÁMOSVOS!



domingo, 6 de maio de 2012

Día da nai.

Hoxe, dedicamos a nosa entrada a todas esas mulleres que transportan aloumiños nas mans, que dan todo o seu amor e que loitan con forza polos fillos dende o comezo dos tempos: as nais. Para todas elas, este fermoso poema de Xohana Torres.



Nai

Tiña unha fita roxa no cabelo.
Lembro todas as flores dos meus vasos de nena.
Tiña bicos á tarde, qué tesouro,
e bulía en buratos pra dentro dos teus ollos.
A tarde tiña ás de paxaro, quentiño, quentiño,
as túas mans, riscadas do traballo,
calaban moitas veces pra carrexarme miúdo...
Eran días sen medo aos corvos sobre a testa
porque todo era estrela.
Logo, qué logo, houbo voar de follas, nomes, xentes.

Abrín portas, pecheinas; non se acouga con tanta multitude;
corrín a ser muller. E na tola carreira, perdín a fita roxa
que me chamaba nena. Debeu levala o vento
co froito dos anos, meus anos...

¿Pra que terían ás de paxaro os dedos
qie niñaban limpezas no cabelo?

Nai, onte laveiche os ollos. E na palma mollada
repousaron aquelas tardes, a fita dunha vida mellor.

Ollos da miña nai. Cobizos de lareira sempre ao fogo.

¡ Seica os ventos vos perden ou vos choran!

Sen eles, miña historia non ten ollos.

XOHANA TORRES (1931), Do sulco.

sábado, 5 de maio de 2012

Letras Galegas 2012

Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e falecido en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xuristaeconomistapolítico, empresario,escritorpoeta e xornalista galeguista