Un ano máis, o noso IES San Tomé de Freixeiro participou no certame escolar de regueifas de Valadares, celebrado o pasado 4 de marzo, acadando un notable éxito, pois oito dos nosos compañeiros conseguiron un posto na final, levando como premio a rosca maior. As outras dúas roscas foron para o Monterrey e o Politécnico, con tres clasificados cada un.
Asistiron a este evento uns 600 alumnos de centros vigueses e un de Vila de Cruces, que animaron aos seus compañeiros con pancartas e artefactos sonoros, creando un ambiente moi animado. Foron 122 os participantes, dos que tan só 20 pasaron á final. Como aconteceu xa os últimos catro anos, houbo unha rolda adicional, na que os catro regueifeiros máis destacados tiveron que entrelazar catro estrofas improvisadas no momento, estes foron Arturo Paulos (IES San Tomé de Freixeiro), Lidia Codias (IES San Tomé de Freixeiro), Paola Angel (Politécnico) e Lucía Martínez ( IES Santa Irene).Os mestres de cerimonia foron os habituais Luís "O Caruncho" e Pinto D'Herbón, contando ademáis coa presenza de Marta Souto, técnica do servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo, o escritor Sechu Sende e o músico Manuel Maseda.
Noraboa regueifeiras e regueifeiros!
Ningún comentario:
Publicar un comentario