sábado, 5 de outubro de 2013

8º concurso de tapas Vigovello

Para os larpeiros e lapeiras onte comenzou a octava edición do concurso de tapas Vigovello, que durará ata o 27 de outubro!

Vintecinco locais da zona orfertan as súas tapas por tan só 1,50 €!
 Nun dos locais participantes colle o folleto do concurso. Cada vez que proves unha tapa, solicita que te selen o recadro correspondente ó local. Cando xuntes nun mesmo folleto máis da metade de selos de establecementos diferentes, cubreo cos teus datos persoais xunto co nome da tapa que desexas votar (de maneira lexible) e deposita o folleto en calquera das urnas que estarán dispoñibles nos locais participantes ata o día do remate do concurso. A elección da mellor tapa levarase a cabo por un xurado popular, a través dos votos que emitirán todas as persoas participantes. Entre todos os votos, sortearase unha noite de aloxamento co almorzo incluído para dúas persoas nunha casa rural, 9 cheques-compra por valor de mais de 300€ para gastar nos establecementos asociados a Vigovello e 14 agasallos diversos. O reconto de votos e o sorteo de agasallos celebrarase publicamente o 30/10/13 ás 12h. e a entrega dos premios o día 31/10/13 ás 12h, ambos no local da Asociación Vigovello, r/ Oliva 14, Bº. Os vales terán validez de 1 mes e recolleranse o día da entrega de premios ou ben, na oficina da asociación, na r/ Oliva 12, 2º.
 Así que, a comer!

Ningún comentario:

Publicar un comentario