sábado, 14 de decembro de 2013

EXENCIÓN DA LINGUA GALEGA

Exención da lingua galega

Claudia García González (2º Bach) o ano pasado cursou estudos en Wyoming (EE.UUU) grazas a unha beca da fundación Barrié. Por iso enviounos esta imaxe con fotos do primeiro rodeo ao que asistiu e outra foto sacada no último piso do Empire Sate Building na súa visita a Nova York.
Ademais enviounos este 'porque me peta' cargado de razón e que subscribimos ata a última coma.
 




Alguén cre aínda ese conto da igualdade lingüística? Un ensino plurilingüe, dicíase. Un ensino plurilingüe no cal, a nosa lingua, o galego é a única lingua da que, de acordo co noso goberno, podemos prescindir. O artigo 18 do Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario fala sobre a exención da calificación nas probas de lingua galega, así como dos requisitos a cumprir para optar a esa exención; porén, non fun quen de atopar ningún artigo que recóllese o noso dereito á exención de ningunha das outras linguas que, polo menos teoricamente, comparten o carácter obrigatorio coa lingua galega.
O que máis me desagrada desta situación non é o feito de que alguén poida escoller non ser avaliado nos seus coñecementos de galego, para min o peor é que esas exencións non son outorgadas en base a posuir coñecementos suficientes dunha lingua como para non precisar estudala no instituto, senón máis ben de acordo coa decisión dun alumno de non aprender esa lingua. No meu caso particular, pasar un ano estudando nos Estados Unidos facíame candidata á exención do estudo da lingua galega, pero non da española, lingua que non cursei tampouco o curso pasado, nin da inglesa, lingua na que as miñas competencias deberían ser suficientes para superar este ano académico sen dificultade. Coñezo a varias persoas na miña situación que optaron por estar exentos da asignatura de galego co fin de ter un tempo extra para adicarlle a outras asignaturas este curso, o cal non parece un motivo o suficientemente válido, xa que ese tempo tamén podería ser aproveitado por outros alumnos que non cursaron ningún ano no estranxeiro.

Fonte: http://silledaasferreiras.blogspot.com.es/2013/12/exencion-da-lingua-galega.html?spref=fb

sábado, 30 de novembro de 2013

NOVA MANIFESTACIÓN CONTRA A IMPUNIDADE

Mañá, domingo 1 de decembro, hai convocada unha nova manifestación en contra da sentenza do Prestige, que non sinala ningún responsable político.
Xa sabedes, rapaces, saíde á rúa!

mércores, 27 de novembro de 2013

martes, 26 de novembro de 2013

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Onte, día 25 de novembro de 2013, celebrouse en todo o mundo o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Na nosa cidade desenvólvese unha campaña desde o Concello, que se pode consultar no seguinte enlace:

 http://hoxe.vigo.org/movemonos/muller_vxenero4.php?lang=go

No centro de Vigo, na rúa do Príncipe, houbo múltiples atividades, nas que participaron diversos institutos (entre eles, o noso), e organizacións coma a Cruz Vermella saíron á rúa.

Homenaxe ás vítimas da violencia de xénero,
                                                      detrás do museo Marco.
 
 
Lembrade, galiños, se levantades a man, que sexa para axudalas.
Tod@s contra a violencia de xénero!

domingo, 17 de novembro de 2013

NUCA MÁIS (SENTENZA INCLUÍDA)

Pasados once anos da traxedia do Prestige, a xente volve ás rúas baixo o lema de NUNCA MÁIS tras coñecerse a sentenza que deixa sen responsables políticos dita catástrofe.
Así, este pasado venres 15 as estradas de Vigo enchíanse de persoas movidas pola carraxe acumulada durante máis dunha década ante este proceso xudicial que determinou que non hai culpables e que as decisións tomadas foron as correctas.
Este é o manifesto lido en dita manifestación e aquí o vídeo correspondente: 
 

sábado, 5 de outubro de 2013

8º concurso de tapas Vigovello

Para os larpeiros e lapeiras onte comenzou a octava edición do concurso de tapas Vigovello, que durará ata o 27 de outubro!

Vintecinco locais da zona orfertan as súas tapas por tan só 1,50 €!
 Nun dos locais participantes colle o folleto do concurso. Cada vez que proves unha tapa, solicita que te selen o recadro correspondente ó local. Cando xuntes nun mesmo folleto máis da metade de selos de establecementos diferentes, cubreo cos teus datos persoais xunto co nome da tapa que desexas votar (de maneira lexible) e deposita o folleto en calquera das urnas que estarán dispoñibles nos locais participantes ata o día do remate do concurso. A elección da mellor tapa levarase a cabo por un xurado popular, a través dos votos que emitirán todas as persoas participantes. Entre todos os votos, sortearase unha noite de aloxamento co almorzo incluído para dúas persoas nunha casa rural, 9 cheques-compra por valor de mais de 300€ para gastar nos establecementos asociados a Vigovello e 14 agasallos diversos. O reconto de votos e o sorteo de agasallos celebrarase publicamente o 30/10/13 ás 12h. e a entrega dos premios o día 31/10/13 ás 12h, ambos no local da Asociación Vigovello, r/ Oliva 14, Bº. Os vales terán validez de 1 mes e recolleranse o día da entrega de premios ou ben, na oficina da asociación, na r/ Oliva 12, 2º.
 Así que, a comer!

venres, 4 de outubro de 2013

E XA VAN DOUS!


CADA VEZ O NOSO GALO MILLARENGO ESTÁ MÁIS GRANDE!
MOITOS PARABÉNS!
E SABEDES O QUE SERÍA UN BO AGASALLO? 
QUE O VISITÁRADES TODO O ANO, RAPACES!
CANTOS MÁIS, MELLOR!

sábado, 28 de setembro de 2013

O Galo volve outra vez máis, moz@s!

Comeza este novo curso 2013-2014 e o noso galo xa está preparado para traervos novas todo o ano.

Moita sorte a tod@s, tanto ós que marchastes coma ós que empezades ou seguides.

Desexámoslles tamén moita sorte a Alba e a Sara, que deixan o blogue nas nosas mans, e prometemos tentar facelo tan ben coma elas.
Forza, rapaces! E boa fin de semana!

luns, 17 de xuño de 2013

PARABÉNS ALBA!

Grupo de todos os premiados con Anxo Angueira.
Intervención de Anxo Angueira, presidente da fundación.
Alba amenizou o acto con algunhas cancións.



 Alba María Rodríguez, recolle en Padrón o segundo premio na categoría de bacharelato do certame escolar de Poesía Escolar Rosalía de Castro.
PARABÉNS ALBA!

domingo, 2 de xuño de 2013

Solucións da revista O Galo Millarengo 2 (2013)

APARTADO E ti… de quen vés sendo?

Por esta orde:
Páxina 2: Anxos (francés), Diego (música), Víctor (economía), Lucía (lingua galega) e Rosa (lingua galega).
Páxina 3: Margarita (lingua castelá), Nola (física e química), Otero (latín), Ricardo (lingua castelá) e Eduardo (xeografía e historia).

 PASA O TEMPO (páxina 29)

Quen ten un peixe?

situación casa
color casa
amarela
azul
vermella
verde
branca
bebida
auga
leite
café
cervexa
fuma
Dunhill
Blends
Pall Mall
Prince
Bluemaster
animal
gato
cabalo
paxaros

can
nacionalidade
noruegués
danés
inglés
alemán
sueco

O alemán ten o peixe

Culpables e inocentes

Son todos culpables, xa que:
A é culpable pase o que pase, xa que se D é culpable ou inocente, A é culpable.
Como A é culpable à B é culpable à C é cómplice, xa que A non pode ser inocente.
(3) queda descartada, xa que C non é inocente; polo tanto D é culpable.

O meu código secreto

Temos 21 letras, factorizamos 21 = 3*7. Colocámolas en 7 filas e 3 columnas ou ben en 3 filas e 7 columnas:

X  L  M                                  X  L  M  A  E  E  P
A  E  E                                   R  N  O  E  S  D  S
P  R  N                                   A  E  T  X  S  A  E
O  E  S
D  S  A
E  T  X
S  A  E

A primeira disposición permítenos lelo.

A fotografía

Solución: Alberto.

A Torre Eiffel


Solución: o mesmo

venres, 31 de maio de 2013

XA ESTÁ AQUÍ!

Aquí o Galo Millarengo,
coa versión mellorada,
con 20 páxinas máis,
seica é unha pasada!

Esperamos que vos guste,
e que sexa entretida,
o que si aseguramos
e que é ben divertida!






mércores, 29 de maio de 2013

sábado, 11 de maio de 2013


 LUNS, HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO.
(ás 17h no salón de actos.)



Aqués que tén fama d' honrados na vila

roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.



Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...


tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.



Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.



I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.





xoves, 9 de maio de 2013

C.E.F.

Todo o meu ser esta ligado a terra,
sábeme a terra todo na memoria,
terra o camiño, terra a miña historia,
terra esa voz que no deserto berra...  

martes, 23 de abril de 2013

Xesús Alonso Montero novo presidente da RAG.

Hoxe imos coñecer algo máis da vida do novo presidente da Real Academia Galega.

Naceu en Vigo en novembro de 1928, polo que celebrará este ano o seu 85 aniversario.

É fundamentalmente ensaista, aínda que tamén escribíu poesía.
Ademais de membro da RAG, tamén está no Consello da Cultura Galega.

En canto ao academico, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid e fixo o doutorado en Salamanca, cunha tese sobre Curros Enriquez.

Na súa vida tense dedicado á docencia, como preofesor de Lingua Castelá en cidades como Palencia , Madrid ou Lugo.

Como xa dixemos é un destacado ensaista, con especial interés no tema da sociolingüística, sobre o cal publicou libros como: "O porvir da lingua galega" ou "O que cómpre saber da lingua galega".

Neste ano 2013 comeza un novo período como presidente da Real Academia, esperamos que faga un gran traballo e sobre todo que a súa prioridade esté onde debe estar:
NO BENESTAR DA NOSA LINGUA.

xoves, 4 de abril de 2013

Celanova terra de poetas!






Celanova ten un vento
Celanova un vento ten
un vento peleriñante
un vento que vai e ven

un vento que mais que vento


e un teimoso roncón
fungando polos tellados
con grave e tristeiro son

iste vento vagabundo
vai coa lua ven co sol
vai cos mozos ven cos vellos
vai coa neve ven coa flor

vai coas nubes viaxeiras
por camiños de romaxes
vai co pandeiro da chuvia
repinicando paisaxes

de dia vai cos paxaros
e anda a brincar polas hortas
de noite vai cos morcegos
e anda a petar polas portas

meu neno non teñas medo
que este vento e meu amigo
i anque rosma pola rua
non te levara consigo

vento que vas a aventura
non ollas como che aceno
vaite de aquí paseniño
deixa durmir ao meu neno.

mércores, 27 de marzo de 2013

Feliz día do teatro!!!

Hoxe é un deses días que están aí para facernos lembrar que existen as cousas... Pero, en verdade algunha vez se esquece que existe o teatro? O teatro está en toda a nosa vida!!

A todos os teatreiros e teatreiras do mundo, aos que gañan a vida con tan fermosa arte nestes tempos escuros, que nos fan rir, chorar, perdernos, soñar... 

Beizóns e moita forza!!








Sorrí, camiña, sofre, salta,
abraza o vento, contén
silandeiramente as bágoas.
Poderás ser quen ti queiras,
bogar nas ondas do mundo
coma unha dorna calquera,
esquecer que fuches triste
ou tropezar contra todas 
as pedras de infamia que existen.
E erguerte grande coma o sol
ou ser pequeniña cal rato:
Pero sempre sen medo da vida
porque a vida toda é teatro.




venres, 22 de marzo de 2013

Dúas de música..


Os 22 de marzo fálase de música...

Hoxe cumprense 50 anos dende que 32 minutos de LP cambiaran a historia da música... tal día como hoxe editábasa "Please, please me" o primeiro traballo "longo" de The Beatles! 

Pero tamén xustamente hoxe morreu Bebo Valdés... o grande dos ritmos cubanos... unha magoa....

domingo, 17 de marzo de 2013

RIR É UNHA COUSA MOI IMPORTANTE!


VAI QUITANDO AS TUAS PENAS, E POÑENDO AS ALEGRIAS, 

AINDA QUE NON TEÑAS DENTES QUE SE VEXAN AS ENICIAS!

martes, 12 de marzo de 2013

Eu (Antón Tovar)

Digo sí, digo non,
ningunha cousa é certa.
Son un longo camiño
que en mín erguéu a terra.
Viñen de non sei dónde,
voume pra onde me levan.
Digo sí, digo non,
palabras mentireiras.
Eu qué sei quén son eu,
eu, unha volvoreta
que se afirma no sol
que se empula na erba,
un chafarís de sangue

que rube, alanca e leva
a ilusión de quedarse
no mundo a ser eterna,
eu que son unha folla
no vento que nos leva.
Digo palabras, nomes
que son como moxenas,
quero alcender un lume
para acrarar as tebras.
Digo sí, digo non.
E de canto dixera
a palabra máis vouga
máis escura e tristeira
é a palabra "eu"
que no sangue navega.

xoves, 7 de marzo de 2013

Aquí o tedes!


Historias dunha Terra, 
de cuncas e de bar, 
que xuntos coñecemos das voltas que a música nos da, 
camiñar e facer camiño, 
escoitar, 
aprender e compartir...



sábado, 2 de marzo de 2013

Por se aínda non o sabedes...


Moi pronto imaxes da homenaxe a Rosalía no insituto e do certame de Regueifas de Valadares, do que por certo... SOMOS CAMPEÓNS! PARABÉNS REGUEIFEIROS!

xoves, 14 de febreiro de 2013

FELIZ SAN VALENTíN MACARRA!

olvidádevos das cancións de amor... 
MELLOR CANCIÓNS MACARRAS!


Sei que me queres, sabes que te quero.
Detrás de ti vou coma un cadelo.
Sei que me odias, sabes que te odio

E agora non me pidas que che cante cancións de amor.
Escoitar cancións macarras é o que a ti che pon.

CANCIÓNS MACARRAS

Sabes que te desexo, sei que me desexas
Préstame espiarte, ver como camiñas.
Sei que estás farta, sabes que estou farto.

E agora non me pidas que che cante cancións de amor.
Escoitar cancións macarras é o que a ti che pon.

CANCIÓNS MACARRAS

Sei que te quento, sabes que me quentas.
Todo se vira ascuas cando ti me miras.
Sei que te queimo, sabes que me queimas.

E agora non me pidas que che cante cancións de amor.
Escoitar cancións macarras é o que a ti che pon.

CANCIÓNS MACARRAS