mércores, 14 de marzo de 2012


O vindeiro venres 16 de marzo, 13 alumn@s do noso IES presenteranse ao certame de regueifas que organiza anualmente a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Dende aqui queremos enviarlles moitos animos e dicirlles:

MOITA SORTE COMPAÑEIR@S!

4 comentarios:

  1. O certame de regueifas
    é unha cousa moi bonita
    pero dame moitos nervios
    ter que subir alá arriba.

    Pero agora que me lembro
    iso de facer regueifas
    non che é unha cousa nova
    xa o facían as vellas.

    TARA RIRO RIRO RIRO
    TARA RIRO RIRO RARO
    TARA RIRO RIRO RIRO
    TARA RIRO RIRO RARO!!!!

    ResponderEliminar
  2. moitas grazas polo apoio
    é o que che bou dicir
    pois non me sae outra cousa
    espero que podas vir

    ResponderEliminar
  3. Espero que poidas vir
    é unha cousa importante
    para darlle moito apoio
    a os nosos regueifantes!! jajaja

    ResponderEliminar
  4. Fixestes moi ben a cousa
    quedaron coa boca aberta
    e por Vigo corre a loia
    da vosa gran ocorrencia

    "Estes coitadiños veñen
    Regueifar a Valadares
    sen pancartas nin tambores
    e amarrados con colares"

    Pensaban nos outros centros
    que a nosa rapazallada
    camiñaba ó desastre
    como a Invencible Armada.

    Pero en dorna ou gamela
    cando cómpre regueifare
    O Saint Thomas Institute
    converte en lago o mare.

    ResponderEliminar