mércores, 14 de marzo de 2012


O vindeiro venres 16 de marzo, 13 alumn@s do noso IES presenteranse ao certame de regueifas que organiza anualmente a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Dende aqui queremos enviarlles moitos animos e dicirlles:

MOITA SORTE COMPAÑEIR@S!

sábado, 10 de marzo de 2012

Queridos seguidores do Galo, visto o vergoñentos que sodes e o pouco que vos gusta comentar, hoxe traémosvos unha nova proposta: queremos saber a vosa opinión sobre unha frase pronunciado por un célebre galego hai case medio século: 


"Se seguimos sendo galegos, é por obra e gracia do idioma"

E agora.... a comentar pequenos galos e galiñas!! Estamos desexosos de recibir as vosas opinións!

luns, 5 de marzo de 2012

Dúas de terra.

Somos parte desta terra porque terra somos nos!

 

Galiza pequena é, pero con moito que ensinar!