Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando é noite pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
digo Moraima.
Digo Moraima
cando é noite pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhSOj0BGKOQud_Q4e13B-P692N2YkQqIwHXkNcuskgNSu-Kjedm845coQCXAUsI4gQmQKvd3f5mhdWtICzHN3UJ_KUhsPYtfJiSdnx7n6tN863fP4J_s5pEInicGKcPrREF-M_3ltz0YJg/s400/641.jpg)
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non dicir Moraima.
non digo nada.
E mátame o silencio
de non dicir Moraima.
Celso Emilio Ferreiro.
Óptima iniciativa,parabéns e ánimos. O recital de Antonio García Teijeiro é conmovedor. Unha aperta moi cordial a todos.
ResponderEliminar