O 1 de outubro é o día do orgullo
neofalante! Esta é unha data para honrar a toda esa xente que se pasou ó galego
con algúns aniños ao lombo e que intenta usalo aínda que cometa erros. Se é
este o teu caso, non che deixes amolar e mostra con orgullo as túas
equivocacións, todos somos novos en algo! Do mesmo xeito, se sodes galegofalantes
dende sempre, podedes mostrar o voso
apoio cara esta xente, que ben o merece! Tamén, se aínda non destes o paso e queredes facer desta lingua
a vosa, que de mañá non pase!
Nesta ligazón tedes as instrucións para difundir
a vosa mensaxe polas redes sociais: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/digo-eu-1-outubro-dia-do-orgullo-neofalante/20140930150349031020.html,
animádevos!