Parabéns a todos os regueifeiros e regueifeiras! Outro ano máis deixando sen resposta aos participantes doutros centros de Vigo!
Cun pouco de atraso chega este artigo como homenaxe a todos os alumnos/as que participaron no certame de regueifas na marabillosa compañía de Pinto d'Herbón e Caruncho. Tamén coñeceron á cantante Sés, que fixo de xurado.
A pesares de non contar coa axuda de antigas compañeiras (e excelentes regueifeiras), na trepidante e intensa final quedaron catro alumnos do IES Coruxo e cinco do noso centro, do que a vencedora das vencedoras foi Irene Leirós Nieves. Parabéns, galiña regueifeira!
No seguinte enlace atoparedes información sobre como foi a clasificación e sobre os concursantes que chegaron á final das finais:
http://www.regueifa.org/resumo-do-certame-escolar-de-regueifas-2014-
Na foto de abaixo, os participantes do noso San Tomé co premio (do que, por certo, este galo non cheirou una migalla...)