Onte, día 25 de novembro de 2013, celebrouse en todo o mundo o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Na nosa cidade desenvólvese unha campaña desde o Concello, que se pode consultar no seguinte enlace:
http://hoxe.vigo.org/movemonos/muller_vxenero4.php?lang=go
No centro de Vigo, na rúa do Príncipe, houbo múltiples atividades, nas que participaron diversos institutos (entre eles, o noso), e organizacións coma a Cruz Vermella saíron á rúa.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh15gmq42aub3-kzVFbruRguXS-e-JZIGRPiVp0QzjJ3PGCO3UK9I32zoz5ovvg1DBX6p8zDEAY-4WhOOb10pvu8_kebFvfMR313OhqXLtk1Fw39OcT81NUnzIuzk8rdpwbkp2OfZqZYyE/s320/VIOLENCIADEXENERO.jpg)
Homenaxe ás vítimas da violencia de xénero,
detrás do museo Marco.
Lembrade, galiños, se levantades a man, que sexa para axudalas.
Tod@s contra a violencia de xénero!