mércores, 27 de marzo de 2013

Feliz día do teatro!!!

Hoxe é un deses días que están aí para facernos lembrar que existen as cousas... Pero, en verdade algunha vez se esquece que existe o teatro? O teatro está en toda a nosa vida!!

A todos os teatreiros e teatreiras do mundo, aos que gañan a vida con tan fermosa arte nestes tempos escuros, que nos fan rir, chorar, perdernos, soñar... 

Beizóns e moita forza!!








Sorrí, camiña, sofre, salta,
abraza o vento, contén
silandeiramente as bágoas.
Poderás ser quen ti queiras,
bogar nas ondas do mundo
coma unha dorna calquera,
esquecer que fuches triste
ou tropezar contra todas 
as pedras de infamia que existen.
E erguerte grande coma o sol
ou ser pequeniña cal rato:
Pero sempre sen medo da vida
porque a vida toda é teatro.




venres, 22 de marzo de 2013

Dúas de música..


Os 22 de marzo fálase de música...

Hoxe cumprense 50 anos dende que 32 minutos de LP cambiaran a historia da música... tal día como hoxe editábasa "Please, please me" o primeiro traballo "longo" de The Beatles! 

Pero tamén xustamente hoxe morreu Bebo Valdés... o grande dos ritmos cubanos... unha magoa....

domingo, 17 de marzo de 2013

RIR É UNHA COUSA MOI IMPORTANTE!


VAI QUITANDO AS TUAS PENAS, E POÑENDO AS ALEGRIAS, 

AINDA QUE NON TEÑAS DENTES QUE SE VEXAN AS ENICIAS!

martes, 12 de marzo de 2013

Eu (Antón Tovar)

Digo sí, digo non,
ningunha cousa é certa.
Son un longo camiño
que en mín erguéu a terra.
Viñen de non sei dónde,
voume pra onde me levan.
Digo sí, digo non,
palabras mentireiras.
Eu qué sei quén son eu,
eu, unha volvoreta
que se afirma no sol
que se empula na erba,
un chafarís de sangue

que rube, alanca e leva
a ilusión de quedarse
no mundo a ser eterna,
eu que son unha folla
no vento que nos leva.
Digo palabras, nomes
que son como moxenas,
quero alcender un lume
para acrarar as tebras.
Digo sí, digo non.
E de canto dixera
a palabra máis vouga
máis escura e tristeira
é a palabra "eu"
que no sangue navega.

xoves, 7 de marzo de 2013

Aquí o tedes!


Historias dunha Terra, 
de cuncas e de bar, 
que xuntos coñecemos das voltas que a música nos da, 
camiñar e facer camiño, 
escoitar, 
aprender e compartir...



sábado, 2 de marzo de 2013

Por se aínda non o sabedes...


Moi pronto imaxes da homenaxe a Rosalía no insituto e do certame de Regueifas de Valadares, do que por certo... SOMOS CAMPEÓNS! PARABÉNS REGUEIFEIROS!