mércores, 30 de xaneiro de 2013

MAIS AINDA SEGUIMOS AQUI!


Tempestades de Sal (Ses)


Nesta terra que fai testamento,
que acolle os lamentos e anima a olvidar,
infectada de sangue usureiro,
caciques modernos, mecenas do mal.
Vivo dentro dun monte de area
tinguido de brea que non limpa o mar,
coa esperanza de tomar alento
para ver o momento de nos libertar.

Mais aínda seguimos aquí
a aturar tempestades de sal,
resistindo a violencia de mans
desas serpes e cans que nos queren calar.
Compañeiras nos soños do Edén,
unha illa no medio do mar,
que iluminan o loito máis negro,
que esquece o desterro e o medo a loitar.

Cando as marcas se gravan a ferro
e a dor e a xenreira non deixan sorrir,
as penurias van alén da fame
falta a identidade que axuda a vivir.
Só se calma o ruído da raiba
coa forza que queima na gorxa ao berrar:
queremos curar a fendedura,
olvidar a tristura e voltar comezar.
27 de xaneiro do 2012

sábado, 19 de xaneiro de 2013

O ROCK GALEGO HOMENAXEA AOS ZËNZAR!
"Vai polos padriños!" é o titulo onde
18 grupos galegos versionan temas dos de Cerceda para homenaxealos no seu 25 aniversario.

http://www.sermosgaliza.com/artigo/cultura/o-rock-galego-homenaxea-aos-z-nzar/20130115192807009602.html


Aquí deixamosvos a Mr.Kamandula e Raiba, pero recomendamosvos ver os outros!

martes, 15 de xaneiro de 2013

17 de maio de 2010


                              "Galicia non te puderon
                           Calar e ben que o teimaron.
                           Se non cantas polo erguido
                                        Asubías polo baixo"

                                               Uxio Novoneyra

martes, 8 de xaneiro de 2013

QUEREMOS GALEGO CONVOCA NOVA MANIFESTACIÓN!


POLA LINGUA QUE NOS UNE! 
O 27 DE XANEIRO VEMONOS EN SANTIAGO!

http://queremosgalego.org/2012/12/16/80/

http://www.sermosgaliza.com/artigo/lingua/queremos-galego-prepara-unha-manifestacion-contra-a-politica-linguistica-da-xunta/20130109074527009337.html