xoves, 25 de outubro de 2012
mércores, 24 de outubro de 2012
sábado, 20 de outubro de 2012
O GALEGO UNE.
que temos que ir loitar
para que a nosa lingua
non se deixe de falar.
Movámonos, movámonos
pois o momento é.
Para que a nosa lingua
siga viva, sempre en pé!
Foi a lingua
que usou a nosa xente
ao longo da historia
antiga e máis recente.
Mais agora,
e nestes tempo novos
hai quen quere matala...
A lingua deste pobo!
Defendela
é para nós un reto.
Pretenden machacala
a golpe de decreto.
Malos tempos
son para a nosa lingua
pois queren liquidala
se a nosa loita mingua.
Son malos tempos
para o idioma
e non debemos
tomarnos isto a broma.
Hai que estar cego
para non velo.
Non hai desculpa!
Temos que defendelo!
Ergámonos, ergámonos...
Disimulan
Cambiando “si” por “yes”.
Pretenden que agora
Falemos inglés.
E por riba
colócannos un gol
dicindo que en perigo
está o español.
Non te enganen
faltándoche ao respecto
se che din que o galego
é lingua de paletos.
Dálles brasa
dicíndolle a esa xente
que o idioma galego
é para intelixentes.
Son malos tempos...
Ergámonos, ergámonos...
Berra alto,
dilles con claridade
que o idioma galego
é a nosa identidade.
Non te cortes,
o idioma é noso
e de que siga vivo
estamos orgullosos.
E presumen
de que son xente “noble”
para dicir carballo
oiraslles dicir “roble”.
Lume neles!
e veloz coma un raio
Ti podes contestarlles
mandándoos ao “Carballo”.
Son malos tempos...
martes, 16 de outubro de 2012
Volve o NUNCA MAIS!
10 anos despois da catastrofe do Prestige o xuízo comezou hoxe na Coruña.
Nova completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/comeza-o-xuizo-do-prestige-dez-anos-despois-da-catastrofe/20121016104422006406.html
Aquí deixámosvos algunhas cancións e algúns libros que teñen que ver co tema:
- Rosa Aneiros: "Veu a visitarme o mar"
- Xurxo Lobato: "No pais do Nunca Máis"
- A.Fernandez Paz: "A praia da esperanza"
Coma sempre admitimos suxestións ;)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)